GALICIAN

Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. III: Actitudes lingüísticas en Galicia

Book information

Language
galician
Format
PDF
Filesize
17 MB (17966064 bytes)
Pages
\511
Topic
Linguistics Foreign
Library
twirpx
Time added
2017-08-07 07:01:42

Description

A Coruña: RAG, 2011. — 509 p.O presente volume do Mapa sociolingüístico de Galicia 2004 (en diante,MSG-04) está dedicado ás actitudes cara ás linguas en Galicia. É a terceira publicaciónmonográfica dos resultados das enquisas sociolingüísticas realizadas afinais do ano 20041 sobre unha ampla mostra da poboación galega.Nas situacións onde coexisten nun mesmo espazo social diferentes linguas,o coñecemento das actitudes cara a elas ten un grande interese e reflicte o afectoque suscitan e o significado simbólico que se lles atribúe. As actitudeslingüísticas ademais axudan a interpretar as tendencias que se producen noutrosplanos como o das competencias ou o dos usos lingüísticos, pois é coñecido queo afecto, opinión e motivacións cara a unha lingua adoita influír na conduta lingüística.Así mesmo, o coñecemento sobre as actitudes lingüísticas é útil paraunha orientación atinada das actuacións no eido da planificación lingüística.Neste traballo móstranse os resultados da medición directa das actitudeslingüísticas e doutros construtos relacionados como son as opinións, as predisposiciónsmotivacionais e os estereotipos. Os contidos da monografíaorganízanse en dúas seccións diferenciadas: 1) unha Introdución Teórica na quese presentan os conceptos fundamentais relacionados con este eido de estudo,o marco teórico xeral no que se sitúa a investigación así como a análise diacrónicada investigación realizada sobre o fenómeno actitudinal en Galicia, e2) o Estudo Empírico organizado coa estrutura convencional dun informe científico(i. e., obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e discusión).Dentro da Introdución Teórica, nun primeiro capítulo, delimítase o conceptode actitude e doutros construtos afíns como as opinións, as predisposiciónsmotivacionais ou os estereotipos. Así mesmo, analízanse as consideracións teóricase metodolóxicas que cómpre ter en conta para a medida das actitudesexplícitas, coméntanse os principais procedementos para a medición das actitudeslingüísticas e revísanse os estudos realizados en Galicia sobre este tema.O Estudo Empírico, pola súa parte, está conformado por catro achegas aofenómeno actitudinal sobre as linguas en Galicia desde a perspectiva cuantitativa:1. As opinións sobre as linguas en Galicia en relación ao seu papel comoelementos de identificación colectiva, á evolución do seu uso e ao procesoda súa normalización nos usos sociais.2. As predisposicións motivacionais dos enquisados cara ao uso das linguasen diferentes contextos.3. As actitudes lingüísticas instrumentais e experienciais cara ao galego,o castelán e os usos bilingües.4. Os estereotipos cara aos galegos e os españois e a súa relación coalingua habitual.Trala presentación dos resultados desas catro achegas complementarias,no último capítulo ofrécese unha síntese das principais conclusións que se derivandeste traballo e a discusión dos resultados en relación aos obtidos enestudos previos.

Similar books