Polaroid
Book information
Description
A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado. Un libro coa alma fracturada, concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el. Foi precisamente esa vontade iconoclasta a que lle concedeu unha impresionante acollida por parte dos lectores e lectoras, converténdose nun libro polémico, discutido, grotesco, aplaudido, absurdo, desmitificador, burlón, innovador, crítico, hilarante, provocador... O propio Suso de Toro cualificouno daquela como «estalido de furia inspirado polo punk». «Polaroid», que recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987, enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicación audiovisuais e coa música pop anglosaxoa. Hoxe é, sen dúbida, un clásico, un referente inevitable das nosas letras.
Similar books
A fala de Vigo. Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal.
2024 · PDF
Pan galego
2024 · EPUB
O día despois do día
2019 · EPUB
Alén das estrelamares
2019 · EPUB
As voces de Clío : a palabra e a memoria da muller na Galicia: A palabra e a memoria da muller na Galicia
2009 · PDF
Xuntos por Galicia : a Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia: A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia
2010 · PDF
O bispado de Mondoñedo na Idade Media : territorio, comunidade e poder. (Vols. 1 y 2)
2020 · PDF
Escritoras na Galicia do século XIX
2014 · PDF