PORTUGUESE

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa

Book information

Publisher
Consello da Cultura Galega
Year
2014
ISBN
9788492923601
Language
portuguese
Format
PDF
Filesize
7 MB (7395474 bytes)
Pages
\284
Time added
2020-06-20 16:08:34

Description

A fronteira entre Galicia e Portugal ten sempre a capacidade de atraer unha atención inquiridora e de provocar sentimentos encontrados. Di Castelao que non se soubo o que lle respondeu o vello ao rapaciño que, na beira do Miño, formulou en voz alta o pensamento –ou sentimento– que a tantos trae aqueloutrados, «E os da banda d’alá son máis estranxeiros que os de Madrí?». Deulle forma de pregunta ao seu desconforto ante o paradoxo, mais é probable que non agardase unha resposta. Desde longa data, cada certo tempo, en espazos de encontro entre lingüistas galegos e portugueses, a conversa, a ollada, o interese... viñan recalando na raia que asemade nos une e nos separa, de modo que paseniñamente se foi facendo urxente colocar no centro da nosa atención esta fronteira galego-portuguesa que todos dan en dicir que está entre as máis antigas de Europa. Pouco sabemos dos criterios con que foi trazada en orixe nin, polo tanto, en que medida respondía a trazos antropolóxicos, lingüísticos, xeográficos ou doutro teor. A raia atravesou as terras do antigo reino de Galicia e partiu en dous o territorio constitutivo do protorromance galego, do que logo habían xurdir a lingua galega e a lingua portuguesa. 8 LIMIAR Xulio Sousa / Marta Negro Romero / Rosario Álvarez 18 AUTORES 27 A flumine mineo usque in tagum: os camiños diverxentes de Galicia e Portugal na Alta Idade Media (700-1100) Carlos Baliñas Pérez 55 A fronteira galego-portuguesa Luís Manuel García Mañá 75 Fronteira, políticas de centro e práticas da cultura: o «Tratado de Limites» de 1864, o interesse dos estados e a resistência das populações Paula Godinho 91 Percepción e actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa. Unha aproximación á perspectiva ourensá Irene Santos Raña / Soraya Suárez Quintas 115 As entoacións galega e portuguesa: a fronteira á luz da dialectometría e da percepción Elisa Fernández Rei / Lurdes de Castro Moutinho / Rosa Lídia Coimbra 143 De Vilanova de Arousa a Vila Nova de Foz-Côa: a fronteira galego-portuguesa a estudo a partir dos materiais do ALPI Rosa Mouzo Villar / Carolina Pérez Capelo 171 (Des-)continuidade de léxico dialectal na fronteira galego-portuguesa Xosé Afonso Álvarez Pérez 201 Variação sintática em Portugal e a fronteira com a Galiza Sílvia Afonso Pereira 225 Os verdadeiros amigos na raia miñota: os cognados Helena Pousa Ortega 259 Romances de fronteira na península ibérica José Enrique Gargallo Gil

Similar books