PORTUGUESE

Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias

Book information

Publisher
Consello da Cultura Galega
Year
2013
ISBN
9788492923526
Language
portuguese
Format
PDF
Filesize
1 MB (1407313 bytes)
Pages
\328
Time added
2020-06-20 15:44:42

Description

A lingüística contemporánea con frecuencia partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é o monolingüismo, tanto no plano social coma no individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente que evolúe segundo unha lóxica interna. Endebén, dun tempo a esta parte as situacións de contacto lingüístico e os fenómenos concomitantes están a ser abordados con outra mirada, como casos merecentes dun estudo específico. As anteriores consideracións son especialmente relevantes cando se pensa na historia e a situación lingüística actual de Galicia, un espazo sociocomunicativo no interior do cal o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar, e con todo moitas veces marxinalizada ou non tida suficientemente en conta na investigación académica. Neste volume, o concepto de hibrididade é posto en discusión; debátese se resulta útil e apropiado no contexto galego, e se é capaz de arrequecer as controversias sobre as dinámicas culturais e lingüísticas en Galicia, así como sobre cuestións referentes á variación social, á norma e ao estandar, á identidade social, e ás actitudes lingüísticas. En definitiva, este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, asícomo a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante. 6 Limiar Eva Gugenberger, Henrique Monteagudo e Gabriel Rei-Doval 17 O cambio de paradigma nos estudos sobre contacto lingüístico: pode ser útil o concepto de hibrididade para a lingüística e a política de linguas en España? Eva Gugenberger 49 A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia. Análise distribucional María Álvarez de la Granja / Belén López Meirama 97 A fronteira entre galego e portugués. A perspectiva portuguesa Xosé Afonso Álvarez Pérez 137 As formas tipo tivo e o contacto lingüístico cos romances centrais Francisco Dubert García 169 ‘Eu falo castrapo’ - Actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto) Ana Iglesias Álvarez 191 O contato entre línguas e a origem do português brasileiro Dante Lucchesi 223 Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano Marta Negro Romero 247 Neofalantismo Fernando Ramallo 261 Purismo e control normativo na lingua galega: análise crítica dunha proposta actual Gabriel Rei-Doval 289 Galego e castelán: entre o contacto e a converxencia Bieito Silva Valdivia 317 Atitudes portuguesas face ao castelhano Fernando Venâncio

Similar books